publicidade hoxe

O Concello de Neda restituirá 3.330 metros de cableado roubado por outro de aluminio con cargo ao POS da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciou esta mañá que o Concello procederá á restitución de 3.330 metros de cableado eléctrico roubado nos últimos anos por outro de aluminio. Esta intervención levaráse a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial da Coruña. Na sesión plenaria de onte, e por unanimidade, a corporación daba luz verde aos proxectos que presentará á convocatoria e que, no seu conxunto, financiaránse cunha partida de 87.000 euros –dos que a institución provincial aportará 82.844,85 euros e, o Concello, a cuantía restante. Xunto á reposición do cableado sustraído, instalaránse novos puntos de luz atendendo ás solicitudes dos propios veciños ou ás demandas detectadas. Así mesmo, levaránse a cabo intervencións de pavimentación en pistas e camiños do rural; ampliaráse a rede de abastecemento de augas na rúa Camiño Vello e reporáse o enlousado deteriorado das rúas Real e Paraíso, en pleno casco histórico.

Por proxectos, o rexidor explicou que o cable sustraído sustituiráse por outro de aluminio, xa que este material non ten valor no mercado ilegal. Unha forma coa que o goberno local busca facer desistir aos ladróns de novos roubos no futuro. Esas restitucións levaránse a cabo na vía que comunica Cruz do Pouso con Fontevella (480 metros); no tramo entre Vilasuso e San Isidro (900 metros), así como na zona de Sartego cara Gunduriz (700 metros). Tamén ao longo do paseo marítimo de Neda, entre Xuvia e o parque do Principiño (1250 metros). Sen abandoar o campo do alumbrado público, o alcalde tamén avanzou a colocación de novos postes de luz e luminarias. E, concretamente, no Roxal, na Mourela (fronte ao trafo de Fenosa), en Pedrós, Trasmonte, Ponte Grande e Santa María (ao pé do río). As intervencións en materia de iluminación están orzamentadas nuns 38.000 euros e contan cun prazo de execución de dous meses.

En canto ás obras proxectadas na rede viaria, Ignacio Cabezón apuntou que o executivo local é consciente das múltiples necesidades e que para a selección de pistas e camiños tívose moi en conta o estado de deterioro e a súa proximidade a núcleos habitados e transitados. Así, levaránse a cabo obras de pavimentación en camiños da Bacela –na parroquia de Casadelos– e Pedrós –en Anca, así como a reparación do enlousado nas rúas Real e Paraíso. Aquí se pretende a reposición dunhas 45 lousas de pedra granítica, actualmente rotas e afundidas. Por outra banda, o alcalde indicou que se realizarán obras de abastecemento de auga no Camiño concello de neda
Vello –na parroquia de Casadelos. Alí, instalaráse unha conducción de auga potable, de 125 metros de lonxitude, baixo este vial, para dotar ás vivendas do adecuado caudal e presión. O prazo de execución das obras na rede viaria é de dous meses e, o orzamento conxunto, ascende a uns 48.000 euros.

21 de novembro de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.