publicidade hoxe

O Concello de Neda reforza a seguridade vial no paso de peatóns ubicado na zona da Toeleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

No último pleno, celebrado o pasado xoves, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciaba que o Concello levaría a cabo unha serie de medidas para reforzar a seguridade vial no paso de peatóns da zona da Toeleira, ubicado nas inmediacións dunha grande superficie comercial e varios negocios de hostelería e restauración.

Un anuncio que chegaba uns días despois dun tráxico atropelo que rematou co falecemento dunha muller de avanzada idade. Esta mesma mañá, e cumplindo co comprometido polo rexidor, operarios municipais executaban as citadas medidas. A primeira, e para mellorar a visibilidade de conductores e peatóns, gañar oito metros de zona libre contigua ao paso. Para isto, elimináronse estacionamentos e, nesa liña, se abordaron traballos de sinalización horizontal e se instalaron bolardos.

Así mesmo, reforzouse a iluminación. Para isto, aumentouse a intensidade lumínica das lámpadas ubicadas no lugar. Por último, e ao tratarse dunha vía autonómica, o alcalde anunciaba que tramitará ante a Xunta de Galicia a instalación dun semáforo que regule a circulación.

25 de novembro de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.