publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda celebra unha charla do programa Maior Seguridade no local da AVV do Roxal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Baixo o título “Os perigos de Internet e as redes sociais”, o Concello programa unha charla no local da AVV San Pelaio do Roxal. Principiará ás 19 horas con entrada libre e gratuíta. Ten como obxectivo fundamental potenciar a máxima información sobre os principais perigos que hai detrás de Internet e a necesidade de protexer sempre a identidade e a privacidade persoal, moi concretamente as fotografías e vídeos, para evitar que cheguen aos “ciberdelincuentes” ou “ciberacosadores”. A charla forma parte do programa “Maior Seguridade”, que promoven o Concello de Neda, a través da Concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade, e a Secretaría de Estado do Ministerio de Interior, e están impartidas por persoal formador da Garda Civil.

Así mesmo, no marco deste programa, celebraránse tamén charlas baixo o título “Prevención e mellora da seguridade dos nosos maiores”. A primeira, o 9 de marzo no Roxal. E, a partires desta data, o 25 de marzo en Anca, o 17 de abril en Viladonelle e o 29 do mesmo mes no Puntal. Neste caso, o obxectivo é facilitar información aos maiores dos riscos que constitúen unha maior ameaza para a súa seguridade e as medidas de prevención dos mesmos. Trataránse temas como o maltrato das persoas maiores no seu ámbito familiar, residencias…; medidas de prevención de roubos nos seus domicilios; para a prevención de tiróns, furtos e roubos no entorno das entidades financieras, ou accións de prevención de estafas e do uso fraudulento das súas propiedades, fondos, cartos e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas. Ao mesmo tempo, trátase de fomentar a confianza das persoas maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade e desenvolver conductas proactivas para a denuncia das situacións e delictos dos que poden ser vítimas.

14 de novembro de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.