O Concello de Mos soluciona os problemas de conexión a Internet de empresas e particulares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Réxime Interno, Isidoro Táboas, informaron hoxe das xestións emprendidas dende a administración local para mellorar a cobertura e velocidade de conexión a Internet no termo municipal, traballando en dous sentidos: por un lado optimizar o servizo no caso dos veciños particulares e, por outro, o aumento de cobertura e velocidade no caso das empresas asentadas no Concello.

Respecto dos veciños e veciñas particulares que teñen poblemas de conexión a Internet, os representantes municipais explicaron que a empresa adxudicataria do proxecto Repoblar da Deputación de Pontevedra, ó que está adherido o Concello de Mos, vai elevar a maior altura a antena situada no Parque Empresarial Mos-Veigadaña, de xeito que se incremente a cobertura mellorando deste xeito a conexión.

Ademais de beneficiar ós habitantes de Mos usuarios do proxecto Repoblar ou que decidan pasar a formar parte do mesmo, esta medida, cuxo custe asume íntegramente a empresa adxudicataria, permitirá tamén ampliar a cobertura e velocidade de navegación ás empresas do PEMOS Veigadaña e alrededores.

Empresas

De todos modos dende o Concello estase a facer de intermediario para dar solución á deficiente conexión a Internet do tecido industrial mosense. A administración local xa realizou unha proba piloto para testar que existe a posibilidade de dotar de banda ancha de alta capacidade ás empresas que así o precisen, desexen e estean dispostas a contratala. Deste xeito o tecido empresarial mosense dispón xa dunha alternativa para poder beneficiarse dunha conexión a Internet de banda ancha de altas prestacións que podería ofrecer servizos simétricos de ata 30 Megas.

Nestes intres o Concello atópase en conversas con varias empresas operadoras de servizos de conexión a Internet de banda ancha de alta capacidade, para que os empresarios mosenses poidan elixir entre elas a operadora que máis lles interese e beneficiarse das que consideren as condicións máis competitivas.

3 de novembro de 2014 | 20:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.