O Concello de Monforte está instalando a iluminación de Nadal
O concello de Monforte está levando a cabo a instalación da iluminación de Nadal en diversos lugares da cidade.
O Concello iluminará os edificios públicos, a Torre da Homenaxe, o abeto da Compañía, e as prazas de San Antonio, España, Os Chaos, A Florida, A Estación e as dúas prazas do barrio de Carude.
Como en anos anteriores, estes traballos está realizándoos unha empresa de Monforte.
O Concello tamén manterá a colaboración co CCU, facéndose cargo do pagamento da enerxía eléctrica que consuma a iluminación de Nadal na zona comercial da cidade.











