publicidade hoxe

O Concello de Miño mellorará a pavimentación de camiños municipais co Plan Marco e o POS 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

A corporación miñense celebrará o xoves 27 de novembro, ás 12:00 horas, un pleno extraordinario no que se tratarán tres puntos.

O primeiro punto que compón a orde do día e a aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2015, que conta cun investimento total de 176.443 euros. O executivo local propón destinar a obras 130.652 euros, que serán para a pavimentación de diversos viais municipais en Perbes, Bollo, San Xoán de Vilanova, Leiro e Bemantes e mellorar a seguridade viaria nestas zonas, e 45,790 euros (25%) serán destinadas a gasto corrente.

O POS 2015 recolle 9 proxectos: a apertura do camiño dos Curras (Bemantes), pavimentación dun camiño en Perbes, rebacheo de camiño en Perbes, pavimentación de camiño en Bollo, pavimentación do camiño da igrexa de San Xoán, pavimentación do camiño dos depositos en San Xoán, pavimentación de camiño en Valiño (Leiro), pavimentación de camiño en Trasdoroña e rebacheo de camiño Os Castros.

O segundo punto da orde do día é a aprobación do Plan Marco: programa de melloras de camiños de titularidade municipal 201-2015, cofinanciado con fondos Feader no marco do Plan de Desenvolvmento Rural (PDR) de Galicia 2014-2015. O Concello de Miño conta cun investimento de 71.813 euros que serán destinados á pavimentación do vial de Cerdeirido (Bemantes).

O terceiro e último punto, é a aprobación definitiva da modificación puntual do plan parcial do sector residencial Perbes-San Xoán de Vilanova, que trata modificación do artigo 69 de dito plan parcial “retranqueos e separación a lindeiros”. Dita modificación pretende a eliminación da desigualdade xenerada pola ordenanza do plan parcial en relación a outras promocións do concello, xa que a actual redacción non permite levar a cabo a construcción de piscinas na gran maioria das parcelas debido á súa orografia e que si se poden levar a cabo noutros ámbitos.

25 de novembro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.