O Concello de Lugo paga en prazo o 98% das facturas en menos de 30 días

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo paga en prazo o 98% das súas facturas, segundo destaca o Informe de morosidade correspondente ó segundo trimestre de 2014, do que deu conta hoxe a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo.

O Informe de morosidade, emitido pola Tesourería Municipal do que se deu conta onte ó Pleno da Corporación municipal, destaca que “prácticamente a totalidade das facturas foron pagadas no prazo de 30 días desde que foron debidamente aprobadas polo órgano municipal competente”.

Segundo detalla o Servizo de Tesourería no Informe de morosidade, no segundo trimestre realizouse o pagamento de 1.646 facturas por un importe global de 10.554.404,23 euros.

O 98% das facturas, 1.610, foron pagadas dentro do prazo establecido de 30 días e o seu importe ascendeu a 10.536.616,64 euros.

O período medio de pago, que se calcula dende a data de recoñecemento da obriga, foi de 6,82 días.

O 2% das facturas, en total 36, foron aboadas fóra de prazo e pagáronse nun periodo medio de 32,11 días.

4 de novembro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.