O Concello de Lugo mostra o seu pesar polo falecemento do Fiscal Xefe da Audiencia Provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, no nome da Corporación municipal, expresa o seu pesar polo falecemento hoxe do Fiscal Xefe da Audiencia Provincial, Juan Jesús Begué Lezaun.

O Alcalde desexa transmitirlle as súas condolencias e o afecto da cidade de Lugo á súa familia e amigos, así como ós seus compañeiros do Ministerio Fiscal.

O Concello de Lugo lamenta esta importante perda dunha persoa de acreditada traxectoria profesional que durante o último ano se encargou da xefatura da Fiscalía Provincial de Lugo.

25 de novembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.