O Concello de Ferrol organiza un obradoiro de grafite e un roteiro contra a violencia de xénero para esta fin de semana
A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, organiza esta fin de semana dúas actividades co galo da semana do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero. A primeira das propostas se celebrará o sábado 29, co obradoiro de grafite “Pintando o mesmo” que está dirixido a quince mozos/as entre 13 e 18 anos. Esta actividade artística contra a violencia de xénero se desenvolverá de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00 horas no Antigo Hospicio (rúa Méndez Núñez- praza de Amboaxe). Os interesados en participar neste obradoiro de grafite poderán inscribirse no negociado de Igualdade, situado na rúa Lugo nº 56, ou chamando aos teléfonos 981 94 42 40 e 981 94 41 24. Haberá unha segunda sesión o vindeiro 13 de decembro.
Por outra banda, a xornada do domingo 30, se realizará o roteiro contra a violencia de xénero “Pasiño a pasiño cara a Igualdade” que sairá ás 11:30 horas dende a Casa Consistorial ferrolá. Esta actividade terá unha duración de unha hora e os participantes percorrerán dous quilómetros a través dun roteiro interpretativo sobre a presenza da muller na historia da cidade. A proposta repetirase o vindeiro día 14 de decembro pero a saída será dende o peirao de Curuxeiras.











