O Concello de Ferrol instalará un novo parque biosaudable na praza de Sevilla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñóz, investirá preto de 20.000 euros para a reposición de pezas e elementos nunha vintena de parques infantís e biosaudables da cidade así como a instalación dun novo parque biosaudable na Praza de Sevilla, no barrio de Recimil. A creación deste espazo dedicado ao coidado e fomento da vida saudable e o deporte responde a un compromiso asumido polo alcalde Jose Manuel Rey Varela durante a súa última visita a Recimil dentro do Plan de Barrios

Ademais, estas intervencións de mellora e mantemento en parques infantís e biosaudables se centrará na reposición de elementos como partes de tobogáns, resortes, mesas e cadeiras, peldaños, plataformas multixogos ou balancíns. Así como, a instalación de randeeiras para bebés e elementos de adestramento para pernas e pectorais. Os parques infantís onde se actuará serán os seguintes: Praza de Amboaxe, Cantón de Mollins, Parque Pablo Iglesias, Praza da Ilustración, Inferniño, Rosalía de Castro, Toxos e Froles, Praza de Cuba, Avenida de Castelao, Vila do Conde, Fontelonga, Barrios Veciñal 3, rúa Pedro Carvajal, Paseo Marítimo de Caranza, Fontela Leal, San Xoán de Filgueira, A Malata, Paseo Marítimo de Doniños e barrio de Canido. Ademais, as melloras se realizarán nos parques biosaudables da Ermita de Caranza, A Malata, Canido, rúa Pio V, Inferniño e barrio de Esteiro.

En canto ao novo parque biosaudable que se instalará en Recimil, a Concellería de Servizos e Medio Ambiente investirá 6.924,65 euros na colocación de diferentes elementos para o fomento da vida saudable e o deporte. Así, a Praza de Sevilla contará cun novo circuíto de adestramento integrado por oito máquinas para exercitar pernas, brazos, cadeira así como mellorar a flexibilidade das articulacións e a zona lumbar.

20 de novembro de 2014 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.