O Concello de Ferrol habilita unha partida económica para tratar de salvar Fimo
A comisión extraordinaria de Economía, Facenda e Recursos Humanos do Concello de Ferrol, aprobou esta mañá a proposta de habilitar unha partida económica de 620.000 euros co obxectivo de facer fronte a unha posible solución para FIMO. Esta reserva de crédito na partida orzamentaria foi ditaminada na comisión de hoxe e será abordada na sesión plenaria de mañá; e resulta de reorganizar as partidas previstas para a ampliación de capital de FIMO e a destinada a subvencións.
Preguntado esta mañá sobre esta cuestión, o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, insistiu en que “o Concello no vai renunciar que FIMO e as súas instalacións sigan sendo públicas, e non consentirá que ningún particular especule con estes terreos”. Nesta liña, o primeiro edil da cidade engadiu que “esta vontade de manter o carácter público de FIMO non é suficiente manifestala con palabras senón que compre poñela en números e aquí os números son os presupostos, por iso tomamos a decisión de habilitar crédito por se fora necesario empregalo para solucionar definitivamente a situación das instalacións de FIMO”. E ao respecto da situación do recinto de Punta Arnela, Jose Manuel Rey dixo que “a actual Corporación Municipal non é responsable da mesma, pero como alcalde si que temos a obriga de intentar solucionarla e iso está intentando este goberno”.











