O Concello de Cangas adxudica a reforma da Casa do Médio de O Hío a Civis-Global
A mesa de contratación para a adxudicación da reforma da Casa do médico de O Hío celebrada o pasado martes 25 de novembro adxudicou as obras á empresa Civis-Global.
A empresa adxudicataria presenta 6 melloras entre as que se atopa a urbanización do exterior.
As obras iniciaranse con carácter inmediato e contan cun período de execución de dous meses e medio.
Desde o Concello se entende que é un paso adiante na liña de poder contar con este novo equipamento para os veciños e veciñas de O Hío.











