O Concello de Baiona recibe 60.500 euros para redactar o Plan especial de dotación de infraestruturas As Costeiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, a concesión dunha axuda ao Concello de Baiona, por valor de 60.500 euros, para a redacción do Plan Especial de dotación de infraestruturas As Costeiras.

O PXOM Baiona delimita un espazo para unha Área Deportiva. O seu desenvolvemento está suxeito á previa redacción dun Plan Especial de dotación de infraestruturas denominado As Costeiras.

Con esta actuación, o Concello pretende construir no futuro unha serie de infraestruturas relacionadas co deporte, o ocio e o turismo que virán a completar a oferta turística e deportiva de Baiona e posibilitarán a creación de postos de traballo ao tempo que servirán de acicate e revitalización do turismo e do desenvolvemento económico da comarca.

22 de novembro de 2014 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.