O Concello da Coruña substituirá 21 luminarias na rúa da Torre para a mellora eficiente da iluminación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa do inicio mañá,mércores 19 de novembro, dos traballos de mellora eficiente da iluminación na rúa da Torre, en concreto no tramo comprendido entre Santo Tomás e Marconi.

Cun orzamento de 29.815,89 euros, a actuación consiste na substitución dos puntos de luz nesta zona, un total de 21 luminarias, co obxectivo de modernizar estas instalacións que estaban obsoletas. A medida, que dotará ao viario dunha luz cálida, eficiente e con posibilidade de regulación, permitirá rebaixar o consumo enerxético actual de 4.250 watts, nun 18%.

Esta iniciativa, que se suma aos traballos finalizados a pasada semana en O Portiño, forma parte da Estratexia Enerxética que o Concello da Coruña puxo en marcha co obxectivo de reducir, nun 20%, o consumo de enerxía de cara a 2020, o que suporía aforrar 9,2 millóns de kwh ao ano.

18 de novembro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.