O Concello da Coruña investirá 350.000 euros na remodelación de Adelaida Muro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa da adxudicación das obras de remodelación da rúa Adelaida Muro por 350.000 euros, o que supón un aforro do 22% (98.982 euros) con respecto ao orzamento de licitación.

A proposta de Manuel Rivas Fenda resultou a adxudicataria de entre un total de 17 ofertas. Esta obra enmárcase dentro do plan municipal de modernización e recuperación de espazos públicos e ten un prazo de execución de tres semanas e media.

Os traballos inclúen a renovación do pavimento do tráfico rodado e a substitución da baldosa hidráulica actual que se atopa moi deteriorada por outra granallada. En total, actuarase sobre preto de 2.700 metros cadrados: 1.587 metros cadrados de beirarrúa e 1.098 de calzada. O Goberno local tamén aproveitará estas obras para cambiar a totalidade da rede de augas residuais e para instalala canalización de pluviais, pois actualmente non existe. Esta nova intervención urbanística nace do compromiso do actual equipo de goberno de homoxeneizar os espazos públicos da cidade.

20 de novembro de 2014 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.