O Concello da Coruña inicia os traballos para repor sete árbores do Campo de Marte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente, informa de que esta mañá se iniciaron os traballos de reposición de sete árbores, no Campo de Marte, debido ao seu mal estado e a que presentaban perigo e risco elevado para os viandantes. Trátase de tres olmos, tres falsas acacias e un álamo negro do Canadá.

Tal e como indica o informe técnico, trátase de árbores que xa non cumpren coa súa función estética, que chegaron, por tanto, ao fin do seu ciclo vital e que, ademais, ten feridas, podremias, desequilibrios e baixa vitalidade. Polo que, visto o risco que supón, os técnicos recomendaron a súa talla.

A Concellaría de Medio Ambiente informa de que estes sete exemplares serán repostos por outras árbores. No que vai de mandato, o Goberno municipal repuxo 600 árbores, debido ao mal estado e ao perigo que supuñan, e plantou outros tantos, duplicando, por tanto, a taxa de reposición.

4 de novembro de 2014 | 20:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.