O Concello da Coruña inicia os traballos de mellora da área infantil do Monte de San Pedro
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente que dirixe Enrique Salvador, informa o inicio hoxe da remodelación da área infantil do Monte de San Pedro, unha iniciativa que se enmarca dentro do plan integral de melloras en parques infantís e que, no que vai do mandato, xa chegou a máis dun 40% das áreas da cidade.
Os traballos, que contan cun prazo de execución de 2 meses e un investimento de 37.500 euros, ten como principais obxectivos mellorar a capacidade amortiguadora do chan e a seguridade, así como realizar as adaptacións necesarias paro dotar á área de maior accesibilidade. Ademais realizaranse unha renovación total da área, saneando e pintando as paredes con motivos similares aos existentes e completaranse as plantas que faltan.
En concreto, na zona destinada aos nenos maiores, levantaranse os xogos existentes para pintalos e repor os elementos deteriorados, mellorarase o arboledo, retiraranse as lousas para acometer unha limpeza do chan e instalar chan de caucho. Na zona destinada aos nenos máis pequenos os traballos centraranse, sobre todo, na eliminación de lousas, limpeza do chan e instalación de caucho.
Con toda esta actuación de renovación conseguirase, ademais, a adecuación da área ás normas de seguridade vixentes, unha certificación que xa chega, na actualidade ao 95% de parques infantís da cidade.











