O Concello activa o programa de ocio educativo In Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene reedita este ano o programa de ocio educativo “In Fene”, incluído no proxecto municipal “De peques a maiores: compartindo espazos” que pon en marcha a Concellería de Servizos Sociais coa colaboración económica da Deputación provincial da Coruña. Arrancará este venres, 14 de novembro, no local da AVV de Perlío a partires das 16,30 horas. Esta sesión, así como a prevista para o día 21, centraráse en temas de igualdade e prevención da violencia de xénero, tendo moi presente o Día Mundial contra a Violencia Machista que se celebrará o 25 de novembro.

Ao longo de dúas horas, unha educadora social abordará ambas temáticas a través de xogos e actividades que farán reflexionar aos rapaces. Entre eles, deseño de carteis, creación de lemas, escenificacións…

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos e as sesións continuarán neste mesmo espazo no mes de decembro (días 5, 12 e 19) e a intención do goberno municipal que dirixe Gumersindo Galego pasa por reeditalo no 2015.

13 de novembro de 2014 | 11:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.