O comité de Pórtico informará ao equipo da situación da empresa este venres
O comité de Pórtico celebrará este venres, ás 23.00 horas, nas súas instalacións de Mos, unha asemblea na que informarán os traballadores da situación da empresa, unha vez que o xulgado ditou auto de apertura da fase de liquidación, ante a imposibilidade da compañía de executar o seu convenio de acredores.
Segundo confirmaron fontes sindicais, o primeiro encontro cos administradores concursais non serviu para botar luz sobre as cifras económicas de Pórtico, a súa débeda ou perspectivas de negocio. De feito, ambas as dúas partes quedaron emprazadas a outro encontro, a próxima semana, no que o administrador espera contar con esa información para poder abordar a elaboración do plan de liquidación (para o que ten un prazo legal de 15 días).
Así as cousas, o comité sinalou que os traballadores “teñen que “seguir traballando”. De feito, nas instalacións da empresa hai colectores con mercadoría que pertence ao fondo de inversión Gordon Brothers (que inxectou 2 millóns en Pórtico, tras a saída do concurso, o pasado verán) e tamén de Dayaday (agora en mans de Tous), e que “se”ten que vender”.
De momento, ningunha empresa nin investidor mostrou o seu interese por facerse coa empresa de decoración galega. “O ideal sería que viñese alguén e nos comprase. Pero o problema xa non é só asumir as instalacións, é que somos 200 traballadores”, recoñeceron dende o comité.











