O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso ofrece unha charla sobre enerxía solar
O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso acollerá mañá, sábado 15 de novembro, unha charla-coloquio sobre enerxía solar.
Dará comezo ás 19:00 horas e será impartida pola empresa Ekosol Galicia. Trataranse temas como tipos de aplicacións da enerxía solar, térmica, fotoeléctrica conectada e aislada, tecnoloxías existentes e rendemento dos distintos sistemas, etc.
Tamén se abordará o código técnico das edificacións, a problemática fotoeléctrica na actualidade española e haberá un tempo ó final da actividade reservado para preguntas e coloquio.
O acceso para os asistentes a esta conferencia é totalmente libre e de balde.











