O centro de saúde da Parda de Pontevedra celebrará o día mundial da diabetes efectuando probas diagnósticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

O centro de saúde de A Parda en Pontevedra conmemorará o vindeiro venres 14 de novembro o Día Mundial da Diabetes efectuando probas diagnósticas a pacientes aqueixados desta doenza.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés sinala que este centro de saúde pontevedrés disporá o vindeiro venres dun stand no seu andar principal onde, ao longo da mañá, realizará glicemias -controis dos niveis de azucar no sangue- a aqueles pacientes diabéticos da comarca que, aínda que non teñan asignado o seu facultativo no centro de saúde de A Parda, estean interesados en someterse a esta proba de control.

Así, os pacientes que así o desexen poderán achegarse o vindeiro venres 14 de novembro ao centro de saúde entres as nove e as doce horas.

12 por cento de prevalencia da Diabetes

Segundo revelan os últimos datos, a prevalencia de Diabetes acada o 12 por cento no noso entorno xeográfico, circunstancia pola que adquiren maior relevancia a realización destas probas de control no eido da Atención Primaria.

Por outra banda, unha das complicacións máis importantes da Diabetes é a retinopatía diabética, principal causa de cegueira no mundo. Coa aplicación das retinografías no eido da Atención Primaria propíciase un diagnóstico precoz, evitando deste xeito moitas cegueiras.

Neste sentido, cómpre lembrar que o Servizo Galego de Saúde ten vixente un Programa de Retinografías Dixitais para que se poidan realizar estas probas en centros de saúde desta área sanitaria, sen necesidade de que os pacientes teñan que acudir aos hospitais.

12 de novembro de 2014 | 11:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.