O celeste Mario Bermejo visita o CEIP Príncipe Felipe

Bermejo na visita ao centro
A Fundación Celta continúa promovendo actividades en varios centros educativos da provincia de Pontevedra para fomentar os valores positivos que o deporte pode achegar aos máis pequenos. O CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra forma parte da Cidade Infantil que leva o mesmo nome, unha institución benéfico-social para albergar e formar a nenos e nenas da provincia que leva máis de vinte anos facendo un gran labor educativo e de integración con persoas en risco de exclusión social.
Durante a charla, Bermejo falou da súa carreira como futbolista e dos valores que o levaron a ser un referente para os celtistas: sacrificio, loita e carácter entre moitos outros. A continuación, os nenos e nenas realizaron varias preguntas sobre a súa etapa como futbolista. Mario Bermejo mostrou o seu lado máis cariñoso e próximo cos nenos, quen recibiron con gran ilusión e afecto a visita do ex xogador celeste.
Durante a charla tamén tamén estivo presente o director da Fundación, Germán Arteta, quen destacou a importancia do labor que están a realizar este tipo de centros educativos.











