O Carballiño forma parte do proxecto “Aldea dos nenos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, a través das súas áreas de Turismo e Educación, formou parte do proxecto “Aldea dos nenos”, creado polo taller ourensán TMU, que foi presentado hoxe no centro cultural Marcos Varcárcel.

O proxecto “Aldea dos nenos” pretende fomentar a ocupación de espazos públicos urbanos, expondo unha estrutura efémera , temporal e portátil, na que os pequenos poidan gozar e xogar, usando estes elementos e a súa imaxinación. A través de materiais reciclados, tales como colectores, crer un percorrido onde os nenos poderán interactuar, e ao mesmo tempo crear as súas propias historias.

Neste proxecto colabora tamén a Deputación de ourense e a Universidade de Vigo, xunto co concello carballiñés. Será precisamente O Carballiño quen ofreza en primeiro lugar a posibilidade de gozar destes elementos, durante os primeiros días de decembro, sendo o compromiso dos artistas, o poder contar con eles na vila do Carballiño sempre que o demanden.

Ademais de ter distintas formas e espazos para que gocen os nenos, cada elemento conta cun banderín señalizador, que permitirá divulgar o nome de todos os estamentos e organismo que participaron neste proxecto, o que serve ao mesmo tempo como elemento divulgativo de cada un deste organismo, xa que o obxectivo é que esta “Aldea dos nenos” se mova por todo o territorio autonómico e do resto da peninsula.

24 de novembro de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.