O Burela perde os puntos nos tres últimos minutos

Encontro Burela – Jaén
O Burela FS Pescados Rubén non puido continuar hoxe coa boa racha de resultados na visita de Jaén Paraíso Interior a Vista Alegre (1-2). Aocadromariñánescapáronlle os tres puntos a falta de dous minutos e corenta e sete segundos para o final, logo de tomar a iniciativa no marcador, con gol de Iago Míguez xa no minuto 7, e chegarao descanso con empate.
Comezou o encontro con certa cautela aínda que tamén con visibles ansias de gol. Aínda que foi o Jaén o primeiro en chegar á portería rival, o perigoestreouse con corlaranxa, antes de cumprirse en segundo minuto de xogo, nas zapatillas de Antoñito con disparo cruzado desde a banda. A punto estivo Carlitos de sorprender con tentativa de recuperación, pero foi Iago Míguez acto seguido o encargado de abrir a lata no minuto 7 tras roubar na pista burelista o balón a Emilio Buendía e escapar en galopada para superar a Prieto. Moi atento estivo Edu nos seguintes compases con tres disparos perigosísimos do Jaén desde balón parado.
No minuto 11, Dani Martín recortou a defensa laranxa para buscar a igualada pero apareceu a manprodixiosa de Edu. Non puidofacer nada o meta naronés tan só un minuto despois ante o 11 xienense, que igualou a contendanunha recuperación en colaboración con Cuco. Tocoulle aplicarse en defensa ao Burela FS na continuación cunEdu infranqueable nos momentos clave; freou a Dani Martín (minuto 14) nunlanzamento alto desde o centro da área e a Eloy Rojasnun balón raso (minuto 16).
Tras o descanso tentearon nos inicios ambos os equipos, cun balón de Cuco que se topou coa cara de Edu e con Matamoros que intentou desarbolar a Prieto cun potente disparo baixo, ademaisdunha magnífica ocasión de Ángel frustrada polo porteiroxienense tras contra iniciada por Hélder. As ansias de visitantes e locais por tomar a iniciativa no electrónico xeraroncerto descontrol sobre a pista con continuas idas e vindas.
Rozando o ecuador da segunda parte, os pausburelistas pararon o ataque xienense; a partir de aí o encontrocobrou brillo laranxa por todos os costados. Segundos despoise asistido por Matamoros, Carlitos tivonassúas zapatillas o segundo gol burelista cara a cara con Prieto e Iago Míguez, no minuto 33, levantoubancadaaorecoller un balón cruzado ao bordo da liña de meta rival. Insistían os de Juanlu; volveupoñer en perigo a rede visitante Mata conducindo o balón desde a banda no 36. Desafortunadamente, do que podería ser o 2-1 para os da Mariña nunha nova oportunidadeenveladísima de Matamoros, o Jaén aproveitou o rexeitamento de Prieto para emprender un contraataque que culminou Chino a falta de poucomáis de dous minutos e medio para o final. Reaccionaron os locaisco 10 burelista enfundado na camiseta de porteiro-xogador, que a punto estivo de subir o empate a 49 segundos para a bocina final cun disparo de lonxe ante o que sacou o meta sureño a man. Na recta final Iago Míguez aíndapelexou para igualar o marcador cunlanzamento que saíupolaliña de fondo sen tempo para máis.











