O Burela FS visita a un Marfil Santa Coloma que se atopa en horas baixas
O Burela FS Pescados Rubén xa está en terras catalás para medirse mañá a un rival sempre complicado, o Marfil Santa Coloma, que recibirá aos de Juanlu con ganas de encamiñarse na boa senda. A novena xornada de Primeira División arrincará no pavillón Nou ás 18.30 horas.
O conxunto laranxa afronta este novo compromiso, na décima praza (10 puntos), despois de vencer a Elpozo Murcia (4-3) e no seu mellor serie da tempada, con 7 puntos no últimas tres xornadas (Magna Navarra 4-4, Zaragoza 3-6). Verase as caras cun rival que é décimo terceiro (8 puntos) e que non coñece a vitoria desde a segunda xornada; despois de imporse no inicio ligueiro a Azkar (7-3) e Uruguai Tenerife (2-5), empatou en casa con Xaén (5-5, terceira xornada) e Inter Movistar (3-3, sétima xornada).
“Atoparémonos cun rival que estará moi motivado pola necesidade de puntos e por xogar en casa. Será un partido moi intenso” explicaba Juanlu, incidindo no ataque como a mellor virtude dos cataláns: “É un equipo con gran capacidade ofensiva e creativa; posúe xogadores desequilibrantes e con gol. O seu punto máis débil é a defensa, marcan moitos goles pero tamén os encaixan”. “Debemos ser fortes defensivamente; cun marcador axustado temos máis posibilidades de levarnos o partido” puntualizaba o técnico burelistas sobre a clave do encontro.
Na expedición laranxa non viaxou Miguel, ausente xa nas últimas xornadas por unha contusión ósea. Isi, con molestias no xeonllo desde o partido con Elpozo, só puido adestrar co grupo esta mañá, e Jorge, que non puido acabar o encontro o sábado por molestias no dorso do pé, estivo apartado das sesións durante toda a semana. Ademais, Jorge será dúbida por unha contractura.
Convocatoria Marfil Santa Coloma: 5. Rubén, 7. Adolfo, 8. Dani Salgado, 9. A. Segura, 10. Sepe, 12. Lluc, 13. Eric, 15. Álex, 16. Álvaro Lacuesta, 17. Rafa López, 20. A. Medina, 25. Charlie
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Anxo, 30 Hélder











