O Burela FS durmirá no podio tras impoñerse ao Roldán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén durmirá esta noite ocupando a terceira praza do podio á espera do desenlace de mañá entre o Alcorcón e o Atlético de Madrid Navalcarnero. Coa de Roldán (1-4) o conxunto laranxa suma a súa quinta vitoria consecutiva. “Soubemos ler as situacións do partido, marcando sempre o compás no marcador, nunha cancha complicada ante un rival agresivo que imprimiu moita intensidade, sobre todo na segunda parte” analizaba Quico Otero.

Aos dous minutos de xogo, Shiori adiantaba As lucenses anotando ao segundo pau asistida por Peque. Pouco despois o equipo local, por mediación de Marta Peñalver nun disparo afastado desde cancha propia, conseguía equilibrar a contenda. O dominio visitante materializábase a dous minutos para o descanso, en contraataque de Bea Mateos.

Na segunda parte, o Roldán saltou a pista máis enchufado, con máis intensidade, pero o Burela FS soubo manterse, asentarse e volver tomar o control, aínda que a visión goleadora se resistiu ata a recta final. No minuto 35, a ofensiva burelista anotou o 1-3, rebotando en última instancia en Anita Paris; o xogo de cinco tampouco lle forneceu efecto ás murcianas. No 38 Peque subiu o definitivo 1-4, en colaboración con Tainã.

1 de novembro de 2014 | 23:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.