O Burela afástase do descenso tras impoñerse na pista do Marfil

Encontro Marfil Santa Coloma – Burela
O Burela FS Pescados Rubén sumou esta tarde a súa terceira vitoria consecutiva da tempada na complicadísima pista do Marfil Santa Coloma (4-5); tras un primeiro período algo tatexantes en defensa, os laranxas cobraron confianza tras o descanso para empatar e marcar distancias. Con estes tres puntos os pupilos de Juanlu se alejan de los puestos peligrosos del descenso; son oitavos con 13 puntos, empatados con Magna Navarra, sétimo.
Os laranxas conseguiron repoñerse do gol temperán de Dani Salgado, no minuto 2, no 12, con Matamoros en contraataque. A resposta do Marfil chegou no 16, nun control de Rafa López, de costas á portería de Álex.
Con 2-1, os burelistas saltaron á pista con máis seguridade tras o descanso. Isi devolveu a igualada para os da Mariña no minuto 23, cun lanzamento afastado sorprendendo o meta local, e no 28 Antoñito aproveitou unha perda dos locais para subir o 2-3. Superada a medianía da segunda parte (minuto 31), Jorge puxo a súa firma para o 2-4, ante o que reaccionou o Marfil con Sepe como porteiro xogador. Recortou distancias nos pés de Rafa López (minuto 35) o Marfil, aínda que Iago Míguez volveu poñer terra por medio co 3-5 no 39. Na recta final o xogo de cinco concedeulle o definitivo 4-5 ao equipo local, de Adolfo.











