O BNG critica que Abel Caballero se dedique a operacións inmobiliarias
O Grupo Municipal do BNG denunciou este venres que o goberno municipal se dedicase a “operacións inmobiliarias” en lugar de resolver problemas da cidadanía, e mostrou as súas sospeitas de que esas operacións, en referencia á venda de pisos e parcelas para pagar a expropiación da Cidade da Xustiza, sirvan finalmente para que o alcalde faga campaña electoral”.
Nunha rolda de prensa, a portavoz nacionalista, Iolanda Veloso, advertiu de que o proceso de expropiación de terreos para construír as novas dotacións xudiciais ten “serios problemas”, xa que “non hai partida nos orzamentos da Xunta e non hai recursos para iniciar a expropiación”.
“Só temos 12 pisos vendidos, outros 28 pendentes de vender e agora tamén 4 parcelas. Temémonos que ao final, os recursos non sexan suficientes e se dediquene a facer campaña electoral”, sinalou Veloso, que precisou que non acusa a Caballero de nada ilegal, senón de que “dedicar recursos públicos a facerse fotos, inaugurar rúas, parques e xardíns”.
Con respecto á venda de catro parcelas en Navia, onde a PXOM prevé que se constrúan vivendas unifamiliares en ringleira, a portavoz do BNG criticou que o goberno municipal non deu explicacións sobre o destino exacto que terán os recursos obtidos con esa venda.
Ao seu xuízo, “é un problema ter unha concelleira de Urbanismo que non teña ideas para promover vivendas sociais ou apoiar a creación de cooperativas”. Así mesmo, apuntou que, o feito de que o goberno non informe de que vai facer co diñeiro obtido, leva á conclusión de que “non queren que conste por escrito que é para a expropiación de terreos para a Cidade da Xustiza”.











