O Auditorio Municipal de Ourense acolle a obra Vitalicios, unha comedia irónica sobre os recortes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A programación do Auditorio Municipal do Concello de Ourense non se detén, e encara esta última etapa do ano cun cartel de programación con grande calidade artística. Para comezar, mañá mércores a partir das 21 h, terá lugar o espectáculo de ballet El Cascanueces, da compañía Russian Clasical Ballet. O xoves día 27, as 20.30 h será o turno para a obra teatral Vitalicios, de Sanchís Sinisterra, que trae a Ourense unha comedia irónica sobre os recortes. Trátase dunha produción de EscénaTE, que con esta sátira mordaz levaranos a reflexionar sobre onde trazar a tenue liña vermella que separa o Estado de Mercado do Estado do Benestar.

O domingo día 30 pola mañá, volve a actividade infantil con Roedores, unha obra que narra a historia de Peludiño, un hamster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Está recomendada para maiores de 3 anos.

Esa mesma tarde regresa ao Auditorio Leo Harlem, esta vez acompañado de Sergio Olalla co espectáculo Trending Tronching, para o que xa non hai entradas.

As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.

25 de novembro de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.