O Auditorio García Márquez acolle o pase do espectáculo «A ponte»

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOleiros
A-
A+

O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle o próximo venres 28 de novembro ás 21.00 horas o pase do espectáculo A ponte, dirixido por Ramiro Neira e Keke Diez. Esta obra será representada polo grupo de teatro de adultos do Concello de Oleiros composto polos alumnos e alumnas do obradoiro municipal de teatro.

A trama xira entorno a unha ponte que simboliza un punto de encontro entre dous mundos: o mundo das desgrazas e o mundo da morbosidade. Este lugar tamén representa un punto de encontro entre persoas que non queren seguir e persoas que para seguir precisan da dor dos demais.

25 de novembro de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.