O Auditorio de Ribadumia achega música e humor para esta fin de semana
O Auditorio Municipal de Ribadumia recibe unha fin se semana con alternativas de ocio para todos os públicos. O sábado 29 a partir das 17:00 horas “Os sete magníficos mais un” achegan contos e humos a traves da maxía. A actividade está dirixida a tódolos públicos, en especial o infantil e a entrada e de balde.
Xa o domingo, a partir das 19:00 horas subirá o esceario a Krazzy Kray, unha Big Band formada por unha véntena de músicos da comarca do Salnés que interpretarán distintos estilos e pezas musicais.
Ambas actuacións están incluídas na programación cultural que se desenvolve no Auditorio Municipal de Ribadumia e co que se aposta por converter o escenario nunha alternativa de ocio saudable é en familia, con formatos para todos os públicos e sen custe para os interesados en pasar unha tarde diferente.











