publicidade hoxe

O Áncora Café de Vilanova de Arousa presenta a súa carta de chocolates da man dun bicampión de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilanova de Arousa
A-
A+

O Áncora Café (Avda. González Bicada, 3) acollerá mañá xoves, de 17 a 19h, unha exhibición barista para presentar a súa nova carta de chocolates, unha das máis amplas e variadas do mercado español.

Trátase de 18 diferentes chocolates á cunca, todos eles aptos para persoas celíacas, da marca de produtos de calidade gourmet Montecelio, pertencente á empresa Cafento. A propia empresa, coorganizadora do evento, porá a disposición do público asistente ao evento a un dos seus mellores asesores baristas: Víctor Couto, dúas veces Campión Barista de Galicia, quen realizará unha demostración de coctelería a base de chocolate.

Ademais, Víctor Couto, introducirá ás persoas que se acheguen ao establecemento vilanovés na cada vez máis de moda disciplina do latte art, a habilidade de decorar os cafés con crema de leite.

26 de novembro de 2014 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.