O alcalde do Carballiño traslada aos redactores do PXOM as suxestións da veciñanza
O alcalde do Carballiño, xunto co edil de Obras, mantiveron unha reunión cos redactores do avance da modificación do Plan Xeral, encargado polo último goberno do PsdeG-PSOE no Carballiño.
Durante esta reunión entregóuselles aos redactores todas as suxestións que, ata a data, realizaron os veciños, tras as reunións realizadas nas distintas parroquias do municipio carballiñés. Argimiro Marnotes solicitou expresamente aos redactores que observasen estas suxestións con respecto á nova lei do chan, que aínda está en fase de borrador.
Os arquitectos empezasen a traballar con estas suxestións, para ver se teñen cabida conforme á vixente lei do chan, e informarán sobre a afección que poida ter a futura lei do chan que se aprobará nos próximos meses.
Así mesmo alertouse aos redactores do avance do erro cometido nalgún edificio do centro urbano, detectado polo grupo de goberno, e que beneficiaba a estes edificios que estaban a incumprir a normativa actual, un erro facilmente subsanable segundo os propios redactores.
A próxima semana realizaranse novas reunións en parroquias carballiñesa, o martes ás 20:00 no local social de Mudelos, e o xoves á mesma hora, no local social de Seoane, para achegarlles este avance da modificiación da PXOM.











