O alcalde do Carballiño traslada ao órgano de contratación non prorrogar a concesió a Galaurea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes decidiu, á vista dos informes presentados polos servizos de secretaria, intervención e Benestar Social, trasladar ao órgano de contratación non prorrogar a concesión do servizo de axuda no fogar á empresa Galaurea SL, que solicitase polo prazo legal de 1 ano.

Esta decisión que xa foi anunciada tanto á citada empresa, como ao sindicato CIG, foi adoptada tras estudar detidamente os informes de intervención, secretaria, Benestar Social, o sindicato e a propia empresa, chegando á conclusión que é a mellor forma de iniciar unha nova contratación para levar a cabo o servizo coas máximas garantías.

O contrato con Galaurea finalizará o próximo 5 de decembro. Desde o concello sacarase novamente a concurso esta actividade, sendo que a empresa se ve obrigada a continuar co servizo mentres non se resolva o novo procedemento. No novo expediente contemplarase unha nova redacción dos pregos administrativos que melloren o control por parte da administraciòn e que terá unha exposición pública para recoller achegas, previo ao seu aprobaciòn.

12 de novembro de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.