O alcalde de Vilagarcía ordena a paralización das obras na antiga Megasa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, ordenou hoxe a paralización inmediata das obras de demolición de parte das naves da antiga fábrica metalgráfica Megasa, no barrio das Carolinas. A orde chega despois do informe da Policía Local, que onte fixo acto de presenza na parcela e puido constatar non só que se estaban realizando eses traballos, senón que estes carecen de licenza. A propiedade iniciou xa hai semanas os trámites para obter o corresponden permiso, que deberá ser validado pola Xerencia de Urbanismo. Entretanto esa autorización non chega, a propiedade e a empresa contratada para o derrubo deberán paralizar calquera actuación na parcela.

6 de novembro de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.