O alcalde de Vigo vincula a pesca ao progreso na homenaxe de ARVI aos falecidos na mar

Abel Caballero na homenaxe de ARVI aos falecidos na mar
Abel Caballero participou este mércores no acto de recoñecemento, impulsado pola Cooperativa de Armadores, aos mariñeiros que perderon a vida na mar, que son recordados cunha placa e cun monumento instalado na entrada ao Porto de Vigo. O alcalde -quen felicitou a ARVI pola iniciativa no marco do seu 50 aniversario- indicou que o seu recordo “ten que permanecer na nosa memoria porque a eles lles debemos o que somos”, pois da pesca “depende unha parte importante do progreso do noso país”.
O rexedor quixo felicitar a ARVI polos seus 50 anos, “unha cooperativa tan importante nun ámbito tan importante na cidade de Vigo” e salientar que “sen a pesca a cidade de Vigo non tería futuro”.











