O alcalde de Santiago recibiu a directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
O alcalde de Santiago coa directiva do congreso da SEIOMM

O alcalde de Santiago coa directiva do congreso da SEIOMM

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu a Xunta Directiva do XIX Congreso Nacional da SEIOMM (Sociedade Española de Investigación Ósea e do Metabolismo Mineral), que se celebra en Santiago do 5 ao 7 de novembro. O rexedor participará mañá xoves na inauguración oficial do evento, que reúne prestixiosos especialistas nacionais e internacionais. O doutor galego José Ramón Caeiro Rey, do Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica do CHUS preside o comité organizador deste Congreso, que pretende unha posta ao día dos avances científicos máis recentes e mellorar a práctica clínica e científica na investigación ósea e o metabolismo mineral.

O Congreso estrutúrase en dúas conferencias maxistrais, dúas mesas de actualización e varias mesas redondas sobre temas de actualidade deste ámbito. Como complemento, celebraranse tres simposios satélites da industria farmacéutica e tres bloques de comunicacións orais, así como o acto de entrega de becas da SEIOMM e premios aos mellores traballos científicos.

5 de novembro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.