publicidade hoxe

O alcalde de Palas de Rei reúnese con Ethel Vázquez para tratar proxectos de obras no municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
O alcalde de Palas de Rei na reunión coa conselleira de Medio Ambiente

O alcalde de Palas de Rei na reunión coa conselleira de Medio Ambiente

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, reuníuse coa Conselleira de Medio Ambiente, Terriorio e Infraestructuras, Ethel María Vázquez Mourelle, o pasado mércores, 19 de novembro. Na reunión o rexedor palense planteulle varias actuacións a desarrollar no municipo de Palas de Rei como son:

– As obras para melloras no entorno e acceso a futura Residencia da Terceira Idade e as novas dependencias do Cuartel da Gardia Civil de Palas de Rei, cun orzamento de 50.000 €uros. As Obras tiveron boa acollida pola Conselleira e executaranse no vindeiro exercicio.

– O alcalde presentou o Proxecto para o saneamento e abastecemento das Concas dos Rios Ulla e Pambre, pertencentes ámbas a Augas de Galicia. Este proxecto que foi redactado polo Concello de Palas de Rei conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros e afecta a 14 parroquías do Concello palense e ao redor de 1.000 veciños/as. Afectaría a parroquias como: Villareda, Alba, San Cibrao, Orosa, Santo Xusto, O Vilar, Avieira, entre outras, e deixaría saneada unha importate zona do municipio palense. A Conselleira comprometeuse a estudalo e intentar materializalo en varios exercicios.

– O alcalde de Palas de Rei tamén plantexoulle a necesidade dunha nova vía que comunique o Concello de Palas de Rei con Friol e coa A-6. Pablo Taboada, valora que está nova vía sería unha importante infraestructura de comunicación non só para Palas de Rei senón que tamén para os concellos da zona como Friol, Guntín e Guitiriz.

En termo xerais o alcalde, Pablo Taboada, valorou positivamente o encontró coa Conselleira e amosouse satisfeito polos acordos acadados.

20 de novembro de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.