O alcalde de Ferrol recibe á Selección Española de Fútbol Sub-21

Foto de familia
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibiu hoxe ao equipo directivo, técnicos e xogadores da Selección Española de Fútbol Sub-21, pola súa visita á cidade naval con motivo do partido internacional que mañá mércores disputarán contra a selección Belga no estadio municipal de A Malata. No acto oficial que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial tamén participaron responsables das federacións galega e local de fútbol, así como representantes dos grupos municipais.
Na súa intervención, o rexedor municipal sinalou que “con este recibimento queremos mostrar o cariño do pobo ferrolán”, ao tempo que destacou a importancia da práctica deportiva e os valores que a través desta se transmiten aos máis novos. Así mesmo, Jose Manuel Rey desexoulles unha boa estancia “e espero que entre os adestramentos poidades coñecer un pouco esta cidade”.
Jose Manuel Rey recibiu unha camiseta firmada por todos os xogadores da selección española sub-21. Pola súa banda, o alcalde ferrolán entregou a cada un dos membros da expedición da selección un libro sobre a arquitectura modernista da cidade “ para que sirva de recordo da vosa estancia en Ferrol”.











