publicidade hoxe

O acondicionamento do camiño de acceso ó recinto feiral do Mosteiro contará cun investimento de 216.815 euros da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeisPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar a concesión dunha subvención de 216.815,69 euros ó Concello de Meis para a mellora do camiño de acceso ó recinto feiral do Mosteiro.

Os traballos consistirán no acondicionamento e pavimentación do camiño perimetral da feira, que actualmente é de terra.

As obras veñen a completar as xa realizadas ata o de agora, que permitiron mellorar o edificio da feira, incluíndo a renovación do teito, a reparación dos piares e o acondicionamento do solo, así como unha mellora integral do contorno, que incluíu o pintado do inmoble e a pavimentación.

Ademais, a Deputación investiu tamén 60.500 euros na pavimentación interior do recinto.

Trátase dun centro que serve para albergar numerosos eventos ó longo do ano, como as feiras quincenais ou a Feira Anual do Cabalo, entre outros moitos.

14 de novembro de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.