O 50% do custo da mellora do terreo que dá entrada ó estadio de Pasarón por tribuna será achegado pola Deputación
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou o seu compromiso de que a institución provincial achegará o 50% do custo da mellora do terreo que dá acceso ó estadio de Pasarón por tribuna.
Louzán sinalou que o compromiso da Deputación é firme e que se concretará no momento no que o Concello de Pontevedra lle remita o proxecto para acometer a obra.
Este terreo é unha zona verde que agora é utilizada polo Concello para aparcadoiro. O seu estado é deficiente e non acorde nin co contorno nin coa obra realizada no propio estadio de Pasarón.











