publicidade hoxe

O 15 de novembro celébrase en Porto do Son o Campionato Galego Júnior de Combate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPorto do Son
A-
A+

O sábado 15 de novembro celebrarase o campionato galego júnior de combate (09:00 horas) no Pavillón Municipal de Santa Irene (Porto do Son) coa participación de 150 deportistas. Este torneo ten unha enorme importancia para as e os deportistas xa que en xogo está a clasificación para o Campionato de España, que dará prazas para o Europeo da categoría. Así que hai que estar preparados para esta cita, xa que de ela depende o resto da tempada. Este evento será organizado de forma conxunta polo Concello de Porto do Son, a Federación Galega de Taekwondo e o Club Natural Sport Videlgi.

No pavillón estarán dispostas cinco áreas de combate e a competición comezará as nove da mañá para rematar aproximadamente sobre as tres da tarde. Na competición feminina participarán un total de 62 mulleres, mentres que na masculina están inscritos 80 deportistas. Houbo unha importante renovación nesta categoría, e son moitos os deportistas que dan o salto á sub 21, e moitos os que chegan de cadete a júnior. Aínda así, temos medallistas a nivel estatal coma por exemplo Laura Dosil (bronce no Campionato de España júnior 2013), Miryam García (campioa de España cadete 2013), Adrián Pombo (prata no Campionato de España cadete 2013) ou Javier Martínez (tamén prata 2013 no cadete). Así, que o espectáculo está garantido.

13 de novembro de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.