publicidade hoxe

Novo circuíto de actuacións teatrais polos concellos coruñeses para promover a igualdade entre os máis novos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaXuventude
A-
A+

A Deputación da Coruña, a través do seu departamento de benestar social, políticas de igualdade de xénero e normalización lingüística pon en marcha un novo circuíto de actividades coeducativas dirixidas ao público infantil para fomentar a igualdade de xénero.

Actualmente a maioría de creacións literarias dirixidas á poboación infantil non  teñen en conta a igualdade de xénero e en moitas ocasións consolidan estereotipos sexistas, por iso, para contrarrestar esta tendencia, a Deputación organiza unha nova representación teatral a modo de contacontos que percorrerá ata 14 concellos da provincia. Nesta ocasión será O país dos mandóns da compañía Ghazafelhos e que integra tres obras  O país dos mandóns, O segredo de flora e A urna dos desexos,  todos pertencentes á colección A igualdade conta da editorial Embora.

A Deputación adquiriu no seu día exemplares destes tres títulos e distribuíunos entre as bibliotecas, áreas de igualdade municipais e centros educativos e organizou outro circuíto coa mesma obra teatral para outros 17 concellos.

Agora esta nova quenda comeza mañá no Concello de Cee (salón de actos municipal) e rematará o 30 de decembro en Miño (local social da Rúa). Cada un dos concellos organizou as súas representacións ben cos centros educativos ou para ofrecelo ao público xeral.

3 de novembro de 2014 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.