Novas reunións para levar o avance da modificación do Plan Xeral do Carballiño aos colectivos do rural
Durante as próximas semanas de novembro convocaranse novas reunións para achegar o avance da modificación do Plan Xeral aos veciños do rural carballiñés. En concreto as citas serán o 20 de novembro na parroquia de Arcos, o 25 do mesmo mes na de Pol e pechará este ciclo de charlas informativas a parroquia da Piteira , o 27 de novembro. Todas estas charlas terán lugar nos distintos centros sociais desas parroquias, a partir das 20:00 horas.
Ata o momento os responsables municipais están satisfeitos da resposta que obteñen dos veciños nestas reunións “xa que do que se trata é de que eles coñezan de primeira man un documento que nos afecta a todos, e do que queremos ter cantas máis opinións mellor, para adoptar unha decisión de futuro. Creemos que, estas reunións, son a mellor forma de que os veciños participen de verdade nas decisións municipais” afirmaba o alcalde carballiñés que, xunto co edil de Obras e o arquitecto municipal, son os encargados de mostrar este documento aos veciños.











