Novas actividades deportivas da Piscina Climatizada de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín amplía a oferta de grupos, en horario de mañá, nas actividades deportivas na Piscina Climatizada do Concello de Verín para a tempada 2014-2015. Aos xa ofertados con anterioridade, súmase un novo grupo da actividade de zumba durante as xornadas de martes e xoves (ás 10.15 horas).

As persoas interesadas en inscribirse nestes grupos e noutros dos ofertados nesta instalación deportiva poden realizalo no horario aberto ao público da Piscina Climatizada, dede luns a venres (07.30 a 12.30 e 16.00 a 23.00 horas), sábado (09.00 a 13.00 e 16.00 a 20 horas) e domingo (10.00 a 13.00 horas).

Os cursos que se ofertarán esta tempada son: natación (adultos, bebés, infantil e colectivos), aquagym, wellness, aerotono, zumba, pilates, spinning e tonificación muscular (G.A.P.), ademais das novidades power-dumbell, step, aero-box e tonificación.

Os prezos para acceder a estas instalacións deportivas municipais son os mesmos que na tempada anterior. Para beneficiarse do desconto de empadroado/a debe presentarse un certificado de empadroamento ou a Tarxeta do Eurocidadán -a solicitar no Concello de Verín-. No caso do xubilados/as, estudantes e desempregados/as o certificado correspondente -pensionista, estudos ou tarxeta do paro. Nas categorías de xubilados/as e desempregados/as, o uso libre da instalación será de luns a venres só de mañá e fin de semana; mentres que para os estudantes será de luns a venres só de tarde e fin de semana-, e para o abonado familiar o libro de familia. O primeiro pago efectuarase na propia instalación e os seguintes recibos a través de domicialización bancarias. Os recibos devoltos abonaranse na entidade bancaria do Concello xunto cos gastos de devolución ocasionados. Todo/a abonado/a que desexe cambiar un tipo de abono por outro pagará a metade do curso da nova matrícula. Tanto os bonos como as entradas de empadroados, terán que ser xustificados co certificado de empadroamento ou a Tarxeta do Eurocidadán.

6 de novembro de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.