Nova sesión de monólogos en Fene con “As risas son boas”
No marco do ciclo de monólogos “As risas son boas” que impulsa o Concello a través da Concellería de Cultura, a compañía Viriscrón (dúo formado polo actor-creador Ricardo de Barreiro e polo músico-compositor Guillerme Fernández) presentará este venres na Casa da Cultura o seu espectáculo “Sobre o desamor e outras mariconadas”. A función dará comezo ás 20 horas e a entrada é libre, aínda que é preciso retirar invitación na Casa da Cultura, o mesmo venres a partires das 16 horas.











