Notable para a reciclaxe en Carballo
ECOEMBES como entidade encargada do control e a difusión da reciclaxe de envases lixeiros, ven de facer entrega ao Concello do Informe de Análise do Servizo de recollida de lixo, no que se analizaron por parte dos inspectores da entidade 113 colectores e que recibiron unha puntuación de 81 sobre 100, despois de analizar os parámetros de mantemento, limpeza e desbordamento.
O COLECTOR AMARELO
Na mesma comunicación ECOEMBES recoñece o “esforzo realizado por parte do Concello e da empresa concesionaria para acadar uns niveis de impropios inferiores ó 20%” referíndose á recollida de envases lixeiro (colector amarelo), xa que o índice de impropios no noso concello está moi por baixo dos índices de Galicia e do Estado.
Estado : 24,90 %
Galicia : 28,30 %
Carballo : 18,57 %
Dentro dos bos datos da recollida destaca a previsión de aumento dun 13% nas toneladas de envases neste ano 2014 con respecto ao ano pasado, o cal supón pasar de 222 toneladas do ano pasado a mais de 250 neste ano.
O PAPEL E CARTÓN
Si destacable é o dato anterior, no que se refire ao papel e cartón, neste ano prevese recoller un 42% máis de que o ano pasado, pasando de 172 a 300 toneladas.
Desde Carballo Limpo cremos que a implantación de 128 Illas verdes no rural e o bo facer da nova empresa concesionaria da recollida de lixo axudaron a conseguir estes exitosos datos, pero non nos queda ningunha dúbida que son todos e cada un dos carballeses e carballesas que colaboran día a día coa reciclaxe os que de verdade conseguen que cada vez teñamos un Carballo mais limpo e sostible.
Desde Carballo Limpo agradecemos de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, na web www.carballolimpo.com ou en Twitter @CarballoLimpo.











