Nosa Terra de Pereiras organiza unha andaina nocturna para o sábado con motivo do magosto
A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras organiza, dentro da programación do magosto 2014, unha andaina nocturna que terá lugar o vindeiro sábado, 15 de novembro, a partir das 19.00 horas.
O percorrido terá unha lonxitude aproximada de 8 kilómetros e, dende a organización, aconsellan ós participantes levar lanterna.
Ó remate da camiñata celebrarase o tradicional magosto con castañas e viño que estará amenizado musicalmente polo grupo de gaiteiros Nosa Terra.











