“Nesta Casa hai fantasmas” en Poio
A ACDeM Armadiña tráenos a que será a penúltima representación do ciclo PoioEscena 2014. Trátase da comedia “Nesta Casa hai fantasmas” do Grupo de Teatro de Cristiñade (Ponteareas).
Sinopse: Unha parella de mozos procedentes da capital chegan a unha pequena aldea, onde compran unha antiga casa do século XIX. Nesta casa suceden unha serie de acontecementos misteriosos que os leva a facer todo tipo de investigacions, axudados polas pantasmas que ali habitan para sacar á luz a verdadeira historia de desamor e asesinato que aconteceu nese lugar.
As entradas teñen un prezo de 2 € na billeteira, 1 € para os socios e socias. Ambas entradas contan cun desconto do 50 % se se adquiren por adiantado. As entradas anticipadas poden mercarse na Libraría Ardora de Raxó, e na Libraría de Combarro.
O ciclo anual de teatro PoioEscena está organizado pola concellaría de cultura de Poio e as asociacións Armadiña de Combarro (representacións na Comunidade de Montes de Combarro), SCD Samieira (representacións na Comunidade de Montes de Río de Bois – Samieira) e SCD Raxó (representacións no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó).











