publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Neda conmemorará o Día Mundial contra a Violencia Machista cun manifesto e actividades escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda conmemorará este martes o Día Mundial contra a Violencia Machista cun acto institucional no salón de plenos da casa consistorial no que o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, dará lectura ao manifesto consensuado pola corporación de condena desta lacra social e solidariedade coas víctimas. O acto, no que tamén participará a concelleira de Igualdade, Eva Olmo, dará comezo ás 13 horas e a el invítase a toda a veciñanza.

Non será a única actividade prevista pola Administración local, xa que o departamento de Igualdade e Cultura levará a cabo nas próximas xornadas unha serie de contacontos e obradoiros nos centros educativos da real vila. Do calendario daráse conta nos vindeiros días. Así mesmo, o Concello constituirá a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero como un instrumento esencial e operativo de coordinación na loita contra a violencia machista. Así se acordou o pasado xoves por unanimidade en sesión plenaria extraordinaria, ao igual que instar á Xunta, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, a apoiar a creación, activación e dinamización destes órganos mediante a elaboración dun regulamento de organización e funcionamento de cara a acadar unha mellor coordinación interinstitucional entre as Administracións central, autonómica e local.

24 de novembro de 2014 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.